Ballet Studio 88

Ver comentario en “Leer más” e fotos en “Galería”

Como estaba anunciado, onte domingo as oito da tarde o Ballet Studio 88 que dirixe Josué Alvarez, socio da Asociación “Os Amigos”, presentou un amplo repertorio de coreografías que arrancaron o aplauso do público que enchía o salón.

Os que aínda non coñecían o traballo que están a desenvolver puideron comprobar a preciosa posta en escena, vestiario, maquillaxe, etc., que coidan con todo detalle.

Josué foi “profeta no seu pobo” .

Agradecemos a predisposición de compoñentes, familiares e amigos  na montaxe e recollemento do material e mobiliario necesario para o espectáculo.

Pola nosa parte, como temos por norma, fíxose entrega a Josué, en representación do grupo, de catro boletos para o sorteo do ouro que vai realizar a Cruz Vermella, de xeito que si son agraciados, poderán paliar parte das súas necesidades, que son moitas, según palabras do propio Josué e por outra parte a Asociación “Os Amigos” aporta un gran de area a Cruz Vermella.

Deja un comentario

Atención: La moderación de comentarios está activada y podría retrasar la publicación de tu comentario. No hace falta que vuelvas a enviarlo, sé paciente.